Colabora e participa! Cada alegación conta.

Alega contra a Liña de Alta Tensión As Penizas - SEC Paraño ata o 19 de maio

Cobre os teus datos, asina e escolle se queres descargar a alegación ou delegar a súa presentación na Asociación Veciñal Sociocultural Ambiental Alarma na Terra de Montes.

Exposición pública en curso. Podes ver a resolución publicada no DOG o 6 de abril de 2026.
Cubrir formulario
Como podes facelo
  • Descargar o PDF e presentalo ti.
  • Delegar a presentación na asociación.
  • Compartir o enlace por WhatsApp.
Por que é importante alegar

A LAT 132 kV SE PE As Penizas–SEC Paraño prevé un trazado de 16,87 km e 65 apoios metálicos, con afección sobre vivendas, lugares de traballo, masas forestais, cursos de auga, Rede Natura 2000 e paisaxe de Terra de Montes.

O trazado discorre próximo a numerosas aldeas da nosa zona, con 𝐝𝐢𝐬𝐭𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐦𝐨𝐢 𝐩𝐫𝐞𝐨𝐜𝐮𝐩𝐚𝐧𝐭𝐞𝐬 a aldeas como as da 𝐌𝐮𝐫𝐚𝐝𝐚, 𝐕𝐚𝐥𝐚𝐝𝐞𝐥𝐨, 𝐂𝐨𝐭𝐨 𝐀𝐜𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨, 𝐀𝐜𝐢𝐯𝐞𝐝𝐨, 𝐅𝐨𝐧𝐭𝐞𝐥𝐚, 𝐕𝐞𝐧𝐭𝐨𝐱𝐨, 𝐒𝐚𝐧 𝐌𝐚𝐫𝐜𝐨𝐬 𝐨𝐮 𝐎 𝐒𝐢𝐬𝐭𝐨.

O formulario xera automaticamente o PDF da alegación. Se escolles a delegación, tamén incorpora a folla de autorización e remítea ao correo da asociación configurado para a campaña.

01

Saúde

Proximidade a núcleos habitados e ausencia de estudo rigoroso sobre contaminación electromagnética.

02

Auga

Cruzamentos co río Lérez, afluentes e risco para acuíferos e abastecemento veciñal.

03

Biodiversidade

Afección a Rede Natura, corredores ecolóxicos, humidais, brañas e fauna sensible.

04

Paisaxe

Impacto severo na paisaxe, patrimonio e valor social do territorio.

Contido esencial do escrito
  • Impacto na saúde e benestar das poboacións próximas.
  • Falta de utilidade pública e interese social real.
  • Vulneración do dereito á información e participación.
  • Carencias na avaliación dos efectos acumulativos e sinérxicos.
  • Afección a recursos hídricos, espazos protexidos e corredores ecolóxicos.
  • Impacto paisaxístico, patrimonial e ecolóxico severo.
  • Contradición coa Estratexia Galega de Infraestrutura Verde.
Descarga directa dos modelos de alegación

Podes descargar os modelos en Word para completalos, imprimilos ou compartilos con outras persoas.

Cobre os teus datos

Escolle a forma de tramitación antes de xerar o documento. A opción de delegación enviará a autorización asinada ao correo da asociación.

Os campos de texto convértense automaticamente a maiúsculas para facilitar a presentación.

Como queres tramitar a alegación?
Que alegacións queres asinar?

Xerarase un PDF independente por cada alegación seleccionada.

Sinatura

Asina no recadro co dedo ou co rato.