DECLARACIÓN IMPACTO AMBIENTAL Instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kV-Eixe Leste

0
277

Hoxe luns 17 de xullo de 2023, publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ANUNCIO do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kV-eixe leste, nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) (expediente 2021/0051).

Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230717/AnuncioG0691-050723-0002_gl.pdf

Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto de instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kV-eixe leste

O Xefe do Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos Manuel Díaz Cano, indica que “Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste
documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.”

E Dona Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE

“Formular a declaración de impacto ambiental do proxecto “Instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kv – eixe leste, nos concellos de O Irixo, Boborás e Beariz (Ourense)”, promovido por Adelanta corporación, S.A., en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, concluíndo que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra,
ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.”

Vergoñenta a tramitación que se deu para formular a presente declaración, xa nula dende o inicio pola falta de exposición pública do proxecto nos Concellos de Beariz, Boborás e o Irixo.

Ter a Declaración de Impacto Ambiental favorable non implica necesariamente que se vaia a realizar este proxecto de conexión. NON caiades na trampa de Adelanta Corporación, S.A. e cheguedes a un acordo con eles baixo a coacción.

Aínda se ten que aprobar a autorización adminisrativa, a declaración de utilidade pública e a correspondente licencia Municipal de Obras. Lembramos que os Concellos poden negarse a facilitar a licencia facultados pola lei 39/2015 de 1 de outubro.

E lembremos tamén que os contenciosos administrativos …. EXISTEN!!!!