A PLATAFORMA “ASÍ EÓLICOS NON” CONTINÚA COA ENTREGA MASIVA DE ALEGACIÓNS EN CONTRA DOS PARQUES EÓLICOS

0
1088

Hoxe a plataforma “ASÍ EÓLICOS NON”, conformada por veciños dos concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, presentou unhas 500 alegacións para manifestar a súa protesta contra o parque eólico “Rula”.

A acción é similar á que se realizou en Cerdedo-Cotobade  fai dúas semanas  presentando máis de 600 alegacións en contra dos parques eólicos “Siroco” e “Tramontana”.

Aproveitando a actuación, tamén rexistrouse no concello unha solicitude de reunión cos representantes do concello caldelán.

Por outra banda, onte mantivemos a primeira reunión como platafroma con representantes do concello de Cerdedo-Cotobade, na cal o Alcalde informou sobre o parque eólico “Os Cotos” e a bala de osíxeno que supón que volva a saír á exposición pública.

A plataforma preguntou polas actuacións contra o P.E.  “Rula”, unha das maiores preocupacións neste momento dado que o plazo de alegacións finaliza o dia 13 de Agosto, informounos que está sen emitir tanto as alegacións ( que confirmou que si serán enviadas) como o informe desfavorable por parte do Concello (informe que hoxe confirmou o alcalde caldelán que estaba emitido no seu concello)  o cal consideramos fundamental se en algún momento hai que acudir  a via xudicial  con independencia do informe desfavorable emitido pola Xunta de Galicia.

Dende a plataforma valoramos positivamente a implicación do Concello na loita contra os eólicos previstos e que os veciños rechazan masivamente.