Xoves, Outubro 28, 2021
HomeAlegaciónsAta o 27 de Xullo pódese alegar aos proxectos eólicos de...

Ata o 27 de Xullo pódese alegar aos proxectos eólicos de TRAMONTANA e SIROCO

Publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense o martes 15 de Xuño de 2021 o último anuncio oficial sobre estos proxectos, as persoas e entidades interesadas en presentar alegacións aos proxectos eólicos de Tramontana e Siroco poden facelo ata o día 27 de Xullo.

Entre todos, podemos evitar os graves impactos que estos proxectos xerarían no noso territorio.

As empresas do sector enerxético coa complicidade dos diferentes gobernos: concellos, autonómico e central están a promover macropolígonos industriais eólicos coma un motor de crecemento económico e xeración de emprego nas zonas afectadas, sen embargo están a esaxerar os efectos positivos e ocultando os gravísimos problemas ambientais, de saúde e financeiros que asumimos a poboación.

Sen ningún tipo de orde, pretenden transformar o medio rural en macroparques industriais, sen importarlles o máis mínimo as actividades propias do medio rural coma o sector agrogandeiro, o sector forestal ou o turismo rural.

Está nas nosas mans parar estos proxectos e as gravísimas consecuencias da súa implantación.

Colabora e participa!

Relacionados

2 COMMENTS

Comments are closed.

- O noso futuro -
Eolicos Terra de Montes asi NON

Máis vistas

Comentarios recentes