Encontro positivo dun grupo de veciños de Meavía coa súa alcaldesa

0
724

No día de hoxe, veciños da parroquia de Meavía no Concello de Forcarei, a iniciativa propia, mantiveron unha reunión coa súa alcaldesa Verónica Pichel, para falar do proxecto do parque eólico Afrende que os afecta directamente. En esta xuntanza que se mantivo na casa consistorial tamén estivo presente o tenente da alcaldía Jose de la Fuente.

Veciños de esta zona afectada polo proxecto, achegáronse en demanda de información e documentación sobre o proxecto e tamén para coñecer o posicionamento do Concello ao respecto.

A saída da mesma, os veciños, calificaron a reunión de moi proveitosa, posto que dende o Concello se comprometeron a organizar próximamente unha xornada informativa, na que poñeran a disposición de eles a información que ten o Concello ao respecto do proxecto. Entre outra información, facilitaráselle os veciños copia das alegacións presentadas polo Concello na fase de consultas e tamén copia do informe desfavorable emitido pola Subdirección Xeral de Enerxía da Xunta de Galicia. Neste punto salientar que o Concello lles informou que o seu informe o proxecto foi desfavorable.

Nesta próxima xornada informativa promovida polo Concello, este poñerá a disposición dos afectados, profesionais que poidan asesoralos sobre as implicacións que supón o proxecto, e tamén asesoramento xurídico para que poidan realizar as alegacións oportunas.

Os veciños informáronlle ao Concello da súa oposición total o proxecto do citado parque, e tamén aproveitaron a ocasión para mostrarlle o seu rechazo o proxecto de parque eólico Outeiro Grande, recentemente autorizado pola Xunta de Galicia, e que entre outras cuestións, lles afecta directamente as traídas de augas veciñais.

Para rematar,  mostráronlle a súa preocupación pola opacidade coa que dende as diversas administracións se están a tratar as diferentes tramitacións dos proxectos eólicos.