A exposición pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións da LAT 66 kV PE Dos Cotos-SE Pontesampaio, situada nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/122).
Solicitante: Tiraventos, S.L.V Monte Festeiros, S.L.
Alcance:
– Liña eléctrica de alta tensión a 66 kV, que sae de xeito subterráneo da subestación do parque eólico Dos Cotos, convértese a aérea percorrendo un tramo intermedio de case 14 km, e remata novamente de xeito subterráneo no tramo final ata alcanzar a subestación eléctrica de Pontesampio.
Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Pontevedra (Pontevedra).
Obxecto: evacuación da enerxía xerada polo parque eólico Dos Cotos.
PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS até o 6 de Outubro .
Publicación DOGA 25/08/2023: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230825/AnuncioG0692-020823-0004_gl.pdf
Para descargar toda a documentación:
En este enlace están os seguintes documentos:
- Proxecto técnico (1186 páxinas)
- Estudo de Impacto Ambiental (1243 páxinas)
- Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal (1662 páxinas)
- Relación de Bens e dereitos Afectados (25)
- DOG (25 páxinas)