A exposición pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico), do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Outeiro Grande e Monte Festeiros, emprazado nos concello de Silleda, A Estrada e Forcarei da provincia de Pontevedra (IN408A 2020/180).
Solicitante: AV Monte Festeiros, S.L.U.
Alcance:
– LAT 132 kV PE Outeiro Grande-PE Monte Festeiros-subestación colectora Arela.
– Subestación colectora Arela 400/132 kV.
Concellos afectados: A Estrada, Forcarei e Silleda (Pontevedra).
Obxecto: evacuar a enerxía xerada polos seguintes parques eólicos obxecto deste expediente:
– Parque eólico Outeiro Grande de AV Outeiro Rubio, S.L.U., 18 MW, co número de expediente (IN661A 2011/1-4).
– Parque eólico Monte Festeiros de AV Monte Festeiros, S.L.U., 48 MW, co número de expediente (IN661A 2011/2-4).
– Pico Touriñán de ENEL Green Power España, S.L., 24 MW, co número de expediente (IN661A 2010/3-4).
Características técnicas recollidas no proxecto:
– A liña iníciase na subestación transformadora (en adiante, SET) do parque eólico Outeiro Grande, desde alí diríxese ata a subestación do parque eólico Monte Festeiros de onde recollerá a enerxía producida por este e polo parque eólico Pico Touriñán. De aí iría ata a subestación colectora (en adiante, SEC) Arela. Constaría de 5 tramos cun total de 21.871,077 m.
PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS até o 15 de Setembro .
Publicación DOGA 03/08/2023: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230803/AnuncioG0692-270723-0002_gl.pdf
Para descargar toda a documentación:
En este enlace están os seguintes documentos:
- Proxecto de execución (1728 páxinas)
- Estudo de Impacto Ambiental (652 páxinas)
- Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal (332 páxinas)