IMOS DETER A TRAMITACIÓN DO P.E. PARAÑO OESTE

0
1104

¿Queres saber como? A resposta está aquí mesmo…


É moi sinxelo, COA TÚA AXUDA PRESENTA A TÚA ALEGACIÓN

Colabora e participa! Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque éolico Paraño Oeste e a súa afección ao humidal Fonte Alta do Chapeo e ás ZEC Serra do Cando e do Candán, en Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense). Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ Tamén podes modificar o modelo.

No Concello de Forcarei tedes a vosa disposición modelos de alegacións para cumprimentar.

Tamén podedes coller modelos de alegacións no Concello de Forcarei e levalas aos veciños para que as asinen, voltando logo a metelas por rexistro.

Fin do prazo para presentar as alegacións: 27 de outubro de 2021.

Mostremos a falla de licencia social ao proxecto.

GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN!!!