PARQUE EÓLICO CAMPOS VELLOS (Beariz e Boborás) a exposición pública e en prazo de alegacións até o 23 de decembro
– Situado no monte dos Veciños de Magros e nas CMVMC de Muradás e de Sonelle.
– Promotor: Greenalia Wind Power.
– Potencia total: 30 MW.
– 6 Aeroxeradores de 5 MW e de 175 m. altura total + pistas+ liñas eléctricas+ centro de seccionamento + torre anemométrica.
– Eólicos a menos de 800 metros dos lugares de A Fenteira e Sonelle.
– Conecta coa subestación Beariz 400 kV na que está previsto que evacúen outros 24 parques eólicos (Tramitación independente).
Coñece as características e os previsibles impactos ambientais do proxecto do parque eólico Campos Vellos que afecta aos municipios de Beariz e Boborás (Ourense). Pica no enlace e descarga o cadro -resumo:
Colabora e participa!
Pica no enlace adxunto e descarga o modelo de alegacións ao parque eólico Campos Vellos que afecta aos municipios de Beariz e Boborás (Ourense).
Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla. Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace:
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/
Tamén podes modificar o modelo.
Fin do prazo para presentar as alegacións: 23 de decembro de 2021.
Cadro resumo e modelos de alegación elaborados pola Asociación Petón do Lobo e recollidos da web da asociación. MOITAS GRAZAS AMIG@S