A nosa saúde non lles importa

0
1129

Deixamos para descarga a DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL FORMULADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE AMBIENTAL, SOSTIBILIDADE E CAMBIO CLIMÁTICO RELATIVA AO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO OUTES, NOS CONCELLOS DE NEGREIRA E OUTES (A CORUÑA), PROMOVIDO POR NORVENTO, SL (CLAVE: 2011/0060) XUNTA DE GALICIA

Recomendamos a lectura na páxina 11 do punto 4.1.2:

“En canto á posible afección do proxecto sobre a poboación e a saúde humana en relación co efecto parpadeo de sombras (shadow flicker) durante a fase de funcionamento do parque, e en consonancia co recollido na documentación avaliada, nos potenciais receptores non se poderán superar as 30 horas/ano de exposición, téndose que adoptar as medidas mitigadoras oportunas (por exemplo, instalación de barreiras ou pantallas) ou programar paradas temporais dos aeroxeradores implicados no caso de que se supere o limiar recomendado.”

Despois da lectura, plantexámosnos a seguintes preguntas, que poderían ser moitas máis:

  • ¿Por qué non se fala dos problemas de saúde que acarrean os parques eólicos?
  • ¿Por qué se autorizan parques eólicos nas nosas aldeas coas afectacións a saúde que conlevan?
  • ¿Cómo é posible que se recoñezan afectacións a saúde e aínda así se autoricen?
  • ¿Canto vale a nosa saúde? Esta ten fácil resposta, a nosa saúde non vale nada, non lles importa…

Cadaquén que saque as súas propias conclusións, pero o que está claro e que os que deciden, si que saben dos efectos negativos para a saúde da implantación de estos proxectos nas nosas aldeas.

Entre todos, podemos evitar os graves impactos que estos proxectos xerarían no noso territorio.

As empresas do sector enerxético coa complicidade dos diferentes gobernos: concellos, autonómico e central están a promover macropolígonos industriais eólicos coma un motor de crecemento económico e xeración de emprego nas zonas afectadas, sen embargo están a esaxerar os efectos positivos e ocultando os gravísimos problemas ambientais, de saúde e financeiros que asumimos a poboación.

Sen ningún tipo de orde, pretenden transformar o medio rural en macroparques industriais, sen importarlles o máis mínimo as actividades propias do medio rural coma o sector agrogandeiro, o sector forestal ou o turismo rural.

Está nas nosas mans parar estos proxectos e as gravísimas consecuencias da súa implantación.