Poñemos á disposición da veciñanza un modelo de alegacións contra os parques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Nesa Monte Arca Sur e as súas infraestruturas de evacuación, que afectan os concellos da Estrada, Cuntis e Campo Lameiro.
Os proxectos, sometidos a información pública no DOG núm. 186, do 30 de setembro de 2026, corresponden aos expedientes IN408A 2019/103-NT e IN408A 2019/104-NT.
As alegacións, elaboradas pola Asociación Veciñal Sociocultural Ambiental Alarma na Terra de Montes, cuestionan, entre outras cuestións, as deficiencias na avaliación ambiental, a falta dunha análise adecuada dos impactos acumulativos e sinérxicos, as afeccións á biodiversidade, aos recursos hídricos, á paisaxe e ao patrimonio cultural, así como as consecuencias para a poboación e o medio rural.
Para facilitar a participación cidadá, habilitamos unha ferramenta que permite cubrir e asinar as alegacións directamente desde o móbil ou o ordenador, sen necesidade de coñecementos técnicos.
Podes escoller entre descargar o documento en PDF para presentalo pola túa conta ou delegar a súa presentación na Asociación Veciñal Sociocultural Ambiental Alarma na Terra de Montes, que se encargará de tramitalo no teu nome.
PRAZOS IMPORTANTES:
- 9 de novembro de 2026: último día para delegar a presentación na asociación.
- 12 de novembro de 2026: último día para presentar as alegacións pola túa conta.
Na páxina tamén podes consultar e descargar o anuncio publicado no DOG e compartir a ferramenta por WhatsApp.
👉 Cubre e presenta a túa alegación aquí:
https://www.terrademontesenperigo.com/nesamontearcanortesur
O noso territorio non pode seguir transformándose sen escoitar a quen vive nel. Participa, alega e comparte.
🌱 O rural non se vende, deféndese!



