A parte da importancia que ten a contestación de cada un de vos en forma de alegación como maneira de protesta ante a invasión eólica , tamén son importantes por outros motivos :
● O que cala outorga, isto é, se non alegades administración e empresa entende que estades conformes con todo o que teñen proxectado ou proxecten nun futuro.
● Asumides consecuencias: calquera prexuízo que vos traían os muíños e as LATs non poderá ser denunciada pois no proceso de alegación non fixestes a vosa propia alegación .
● Se na lista de afectados estades como propietarios a expropiar entendese que aceptades o mínimo pago , pois non alegades nada.
● Se tedes interese económico nas terras que están dentro das poligonais e non alegades , entendese que a vosa actividade económica esta por debaixo da explotación eólica en importancia económica ou no mellor dos casos que é compatible.
● E se a suma das alegacións de tod@s non é abrumadora , entendese que o conxunto da poboación está dacordo coa invasión eólica .
Por todo isto e moito mais cubride as alegacións , todo habitante da zona afectada ten intereses opostos o megaparque que está proxectado en Terra de Montes, e a tod@s aquel@s que non sodes da comarca recollede o nosa petición de axuda pois hoxe por min maña por ti.
EÓLICOS SI, PERO NON ASÍ