PRÓXIMA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DE PARQUE EÓLICO DE MONTE FESTEIROS

1
701

A Xunta de Galicia acaba de remitir ao Concello de Forcarei unha resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e innovación pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico “Monte Festeiros”, emprazado nos concellos de Silleda e Forcarei (IN661A 2011/2-4)

  • Solicitante: A.V. Monte Festeiros S.L.U.
  • Denominación do proxecto: Parque eólico Monte Festeiros.
  • Concellos afectados: Silleda e Forcarei (Pontevedra).
  • Potencia a instalar: 48 MW.
  • Número de aeroxeradores que se van instalar: 10 con alturas de entre 150 e 200 m
  • Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 140.467 GWh/ano.

O documento inclúe a relación de bens e dereitos afectados que serán sometidos a declaración de utilidade pública.

Entre outras cuestións o Concello de Silleda e o Concello de Forcarei deberían presentar INFORMES TÉCNICOS RIGOROSOS E PRECISOS de cada AFECCIÓN. Artículo 127 del Real Decreto 1955/2000 de 1 de diciembre.

Informe ≠ Alegación

1 COMMENT

Comments are closed.