A información pública e en prazo de ALEGACIÓNS ata o 10 de FEBREIRO o PARQUE EÓLICO MONTE FESTEIROS, emprazado nos concellos de SILLEDA e FORCAREI (expediente IN661A 2011/2-4) e declarado de interese autonómico pola Xunta de Galicia.
- Empresa promotora: A.V. Monte Festeiros, S.L.U.
- Potencia total: 48 MW.
- 10 aeroxeradores de entre 150 e 200 metros de altura total e entre 3 MW e 5,6 MW de potencia.
- Liñas eléctricas, pistas, subestación, torres de medición e demais infraestructuras asociadas.
- Conexión mediante Liña de Alta Tensión do P.E. Outeiro Grande (A Estrada-Forcarei)
- Punto de evacuación da Liña de Alta Tensión: SET Silleda 400 kv
- Publicación DOGA: https://www.xunta.gal/…/AnuncioG0596-171221-0004_gl.pdf
Documentación: https://ceei.xunta.gal/…/instalacions-de-xeracion…
En este enlace están os seguintes documentos:
- Estudo de Impacto Ambiental
- Proxecto de Execución
- Relación de Bens e Dereitos Afectados
- Proxecto sectorial