⚡ ALEGACIÓNS Á LAT 66 kV A ESTRADA–PAIZÁS

0
39

Está en información pública o proxecto da LAT 66 kV A Estrada–Paizás, promovida por UFD Distribución Electricidad, S.A., que atravesaría os concellos da Estrada e Silleda cun trazado de máis de 20 km de liña aérea, ademais de varios tramos soterrados.

📢 Calquera persoa pode presentar alegacións durante o prazo de 30 días hábiles establecido no anuncio publicado no DOG do 7 de setembro.

As afeccións deste proxecto non se limitan ás parcelas incluídas na Relación de Bens e Dereitos Afectados (RBDA). O trazado pode ter incidencia sobre núcleos de poboación e vivendas, captacións de auga, patrimonio, paisaxe, avifauna, usos do solo e outros valores ambientais.

Especial preocupación merece a súa proximidade a vivendas e núcleos rurais. O modelo de alegacións facilitado polo Concello da Estrada sinala, entre outras cuestións, a existencia de vivendas a menos de 100 metros e núcleos rurais a menos de 200 metros, así como a falta dun estudo específico sobre a exposición da poboación aos campos electromagnéticos da liña.

Por iso, entre as alternativas que deben ser estudadas están a modificación do trazado para afastalo das zonas habitadas ou o soterramento dos tramos máis conflitivos, evitando ou reducindo as afeccións sobre a veciñanza e o territorio.

📄 Poñemos á disposición da cidadanía:
• Modelo de alegacións facilitado polo Concello da Estrada


• Planos do trazado e das afeccións


• 🗺️ Mapa interactivo elaborado pola consultora TYSGAL:
https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1M6yrmkuvwemtX6vYzb5lropOxPwXpDw&ll=42.7191378450625%2C-8.427246000000002&z=13
• 📂 Documentación oficial completa do proxecto:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte?content=expediente_1443.xml

👉 Se vives na zona, tes propiedades afectadas ou consideras que o proxecto pode producir afeccións ambientais, patrimoniais ou sobre a poboación, podes presentar alegacións.