Elaboradas pola Asociación Alarma na Terra de Montes tes a túa disposición, as seguintes alegacións en versión .pdf e .word.
Colabora e participa! Descarga un dos modelos de alegacións ao proxecto das instalacións da LAT 132 kV SE PE As Penizas-SEC Paraño, situada nos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense), e promovida por Engie Proyecto As Penizas, S.L. (expediente IN408A 2021/003).
Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla.
Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/
Tamén podes modificar o modelo.
Fin do prazo para presentar as alegacións: 16 de MAIO de 2026.







