Atópase en exposición pública a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e o estudo de impacto ambiental da liña de alta tensión LAT 132 kV SE PE As Penizas-SEC Paraño, situada nos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense), e promovida por Engie Proyecto As Penizas, S.L. (expediente IN408A 2021/003).
Solicitante: Engie Proyecto As Penizas, S.L.
Denominación do proxecto: LAT 132 kV SE PE As Penizas-SEC Paraño.
Concellos afectados: Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense).
Obxecto: evacuación da enerxía xerada polo PE As Penizas (31,2 MW) (expediente IN408A 2017/06) á subestación colectora denominada SEC Paraño 30/132/400 kV (expediente IN408A 2020/175).
Características técnicas recollidas no proxecto:
–Liña de evacuación aérea de alta tensión de 132 kV, de 17 km de lonxitude, coa orixe no apoio paso aéreo subterráneo localizado nas inmediacións da subestación do PE As Penizas (Concello de Forcarei) e final no pórtico metálico situado no interior da subestación colectora SEC Paraño (Concello de Beariz), de lonxitude total 16.870 m (incluíndo os vans destensados de conexión aos ditos apoio e pórtico). Consta dun total de 65 apoios metálicos de celosía con cimentacións de formigón de tipo monobloque e/ou tetrabloque, cunha configuración de simple circuíto de condutor LA-380 dúplex (381 mm2 de sección), máis un cable de fibra óptica do tipo OPGW-48 (106,21 mm2 de sección), que efectuará ademais a función de cable de terra. Discorre polos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense). Potencia máxima de transporte: 311,26 MW.
PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS até o 19 de Maio .
Publicación DOGA 06/03/2026:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260406/AnuncioG0760-090326-0001_gl.html
Para descargar toda a documentación:
En este enlace están os seguintes documentos:
- Proxecto de execución titulado “LINEA AÉREA DE ALTA TENSIÓN 132kV S.E. P.E. AS PENIZAS – S.E.C. PARAÑO”.
- Addenda ó proxecto de execución.
- Estudo de Impacto Ambiental do proxecto titulado “ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL DE LA LÍNEA DE ALTA TENSIÓN 132 kV AS PENIZAS-PARAÑO. TÉRMINOS MUNICIPALES: FORCAREI, CERDEDO-COTOBADE Y BEARIZ. PROVINCIA: OURENSE Y PONTEVEDRA” e Addenda ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto.





