A EXPOSICIÓN PÚBLICA P.E. DOS COTOS

0
678

A exposición pública o Parque Eólico DOS COTOS (Cerdedo-Cotobade), promovido por Tiraventos, S.L. e declarado de interés autonómico polo Consello da Xunta de Galicia o 21 de Octubro de 2021 o que supón entre outras cuestións a reducción a metade dos plazos establecidos para o procedemento ordinario. Por elo o prazo para presentar alegacións é de 15 días hábiles e remata o día 14 de Xaneiro de 2022.

O proxecto afecta de xeito directo as seguintes parroquías: Rebordelo, Carballedo, Borela y Loureiro.

E está prevista unha liña de evacuación (liña de alta tensión) que atravesará Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Pontevedra donde evacuará en Ponte Sampaio. A tramitación da liña de evacuación tramitarase de xeito independente.

Potencia total: 30 MW.

6 aeroxeradores (5 MW e 200 m. altura total)

Produción neta anual estimada: 120.459 (MWh/ano).

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS até o 14 de Xaneiro.

Publicación DOGA 23-12-2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211223/AnuncioG0596-171221-0002_gl.html

Para descargar toda a documentación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0114.html

En este enlace están os seguintes documentos:

  • Estudo de Impacto Ambiental (966 pax.)
  • Proxecto de Execución (1219 pax.)
  • Relación de Bens e Dereitos Afectados (52 pax.)
  • Proxecto sectorial (1134 pax.)