Impacto ambiental negativo na fauna

0
1581

A nivel mundial está documentado que os parques eólicos xeran impactos moi negativos na fauna. Tal e como consta nos estudos, entre os grupos de fauna máis afectados están as aves, morcegos, réptiles e anfibios.

¿Imos converter os nosos montes en polígonos industriais ou en Parques Naturáis?

Os principais impactos son os seguintes:

  • Colisións: de aves e morcegos que non conseguen esquivar as aspas dos aeroxeradores ou liñas eléctricas de evacuación. Este é uns motivos principais de preocupación á hora de considerar os riscos dos parques eólicos.
  • Molestias e desprazamento: que se provocan debido ao ruído, o electromagnetismo e as vibracións que xeran estos xigantes.
  • Efecto barreira: ao supoñer unha obstrución ao movemento das aves, tanto nos roteiros de migración ou entre as áreas que utilizan para a alimentación e descanso.
  • Destrución do hábitat: a ocupación de zonas de terreo polos parques eólicos supón que ditas áreas xa non estean dispoñibles para a fauna, ou que sufran unha degradación importante nos seus valores naturais e sistémicos.
  • Ocupación e degradación do terreo: a obra civil necesaria para a implantación dun parque eólico supón un levantamento e movemento de terras. Non só no emprazamento final dos aeroxeradores, senón nas zonas lindeiras nas que frecuentemente se constrúen subestacións, tendidos eléctricos de evacuación, vías de acceso para trasladar a maquinaria, etc.
  • Impacto paisaxístico: un dos aspectos que máis preocupa á sociedade, posto que a implantación dos aeroxeradores plantéxase en áreas naturais de montaña con gran riqueza ambiental, onde a forza do vento aprovéitase mellor. A iso témoslle que sumar o impacto visual que conleva, o que xera un gran rexeitamento social.
  • Ruído: na fase de costrucción do parque e posteriormete o producido polos compoñentes do aeroxerador, tanto mecánica como aerodinámicamente.

Na seguinte galería de imaxes, podemos ver algunha das especies que se vería afectada na nosa comarca e arredores, se proliferan os macroproxectos eólicos previstos. Na súa lenda está o seu nome científico, común e onde se tomou a fotografía.

¿CAL É A IMPORTANCIA DA FAUNA NO NOSO ECOSISTEMA?

Dende o microorganismo máis pequeno, ata o animal máis grande, son de vital importancia para a supervivencia humana e para a conservación do medio ambiente. Cada animal, anfibio ou ave, ten unha función na natureza, unha función ecolóxica para manter o equilibrio da cadea trófica que se estableceu.

As aves xogan un papel fundamental no ecosistema, porque cumpren funcións como a polinización de plantas e a distribución de sementes

A presenza dos morcegos nos ecosistemas ten moitos beneficios, entre eles destácanse: control de pragas de insectos sen xerar danos ao ambiente, eliminan os mosquitos, que moitas veces son portadores do dengue, chikungunya e outras enfermedades.

Os réptiles impoñen control sobre as poboacións de insectos e roedores, controlan as poboacións de pragas e proporcionan alimento aos famentos depredadores, especialmente cando son novos.

Os anfibios son depredadores e presas. Cumpren unha función moi importante na cadea trófica biolóxica. Teñen a capacidade de ser depredadores. Consomen insectos e outros invertebrados, cuxas poboacións, de non ser controladas, poden converterse en pragas moi problemáticas. Doutra banda, teñen un lugar como presas, servindo de alimento para outras especies de animais. Pode soar cruel, pero é parte do círculo da vida no que todo se regula e mediante o cal persisten todas as especies.


Agradecer a Miguel Puras Rivas, mestre, naturalista e incansable defensor da natureza, a súa colaboración ao facilitarnos as fotos que ilustran este post.

Máis que recomendable visitar o seu blog Galicia no Peto onde nos achega algúns dos recunchos máis fermosos da xeografía galega, así coma a súa flora e fauna. 

Tódalas fotografías de este post son propiedade de Miguel Puras Rivas (salvo que se especifique o contrario). Se estás interesado en facer uso de algunha, contacta con el escribindo a mpurasrivas@gmail.com