A Subdirección Xeral de Enerxía emite informe desfavorable o P.E. Afrende

0
599

Segúndo informa o Concello de Forcarei na Páxina oficial do Concello de Forcarei en facebook, nun post publicado hoxe día 23/08/2021, a Subdirección Xeral de Enerxía da Xunta de Galicia emiteu un informe desfavorable sobre o proxecto do Parque Eólico Afremde.

A continuación deixamos o texto integro publicado na citada páxina de Facebook.

A XUNTA EMITE UN INFORME DESFAVORABLE SOBRE O PROXECTO DE PARQUE EÓLICO AFRENDE

A Xunta de Galicia comunicou ao Concello de Forcarei o informe desfavorable emitido pola Subdirección Xeral de Enerxía sobre o parque eólico Afrende promovido por Volantis Renovables S.L.U. O proxecto contempla a instalación de nove aeroxeradores, sete dos cales atópanse no termo municipal de Forcarei.

O devandito informe reflicte que a totalidade das infraestruturas e parte da poligonal están emprazadas fóra das áreas de desenvolvemento eólico incluídas no Plan Sectorial Eólico de Galicia. Ademais existen posicións do novo parque que se solapan cos de Outeiro Grande e Barreiro, en tramitación, e a poligonal invade zonas da Rede Natura 2000.

O Concello de Forcarei, pola súa parte, presentou alegacións a este proxecto nas que reclama máis rigorosidade no expediente sobre as implicacións do parque en relación ao patrimonio cultural, material, natural, xeolóxico ou ambiental da zona.

Unha boa nova a emisión de este informe desfavorable por parte da Subdirección Xeral de Enerxía da Xunta de Galicia.


ENGADIDO IMPORTANTE:

O tema do informe desfavorable NON é vinculante e soamente se refire ao feito de que Afrende vai fora das Áreas de Desenvolvemento Eólico que a Xunta estableceu no Plan Sectorial.

É unha reivindicación de competencias, e evidentemente é un punto a favor, xa o emitiron para outros parques do Ministerio como Tramontana, pero quen emite o informe é unha Conselleria NON a Xunta de Galicia como organismo e en todo caso a competencia de aprobar este parque é do Ministerio polo que non significa nin de lonxe que non se vaia a facer


É importante que loitemos unidos nesta causa que nos afecta a todos! Ou gañamos todos ou perdemos todos.