A Xunta emite un informe desfavorable sobre o proxecto do P.E. Tramontana.

0
759

Segúndo informa o Concello de Forcarei na Páxina oficial do Concello de Forcarei en facebook, nun post publicado hoxe día 01/07/2021, a Xunta de Galicia emiteu un informe desfavorable sobre o proxecto do Parque Eólico Tramontana.

A continuación deixamos o texto integro publicado na citada páxina de Facebook.

A Xunta de Galicia trasladou hoxe ao Concello de Forcarei un documento técnico da Subdirección Xeral de Enerxía sobre o parque eólico Tramontana promovido por Greenalia Wind Power Tramontana SLU no que se informa desfavorablemente sobre este proxecto. O motivo é que oito dos seus trece aeroxeneradores, a torre de medición, a subestación e parte da poligonal do parque incumpren as disposicións establecidas no Plan Sectorial Eólico de Galicia.

Concretamente, o informe sinala que estas instalacións se atopan emprazadas fora das áreas de desenvolvemento eólico incluídas dentro do devandito Plan Sectorial. “O emprazamento do parque eólico incumpre claramente as disposicións da lexislación mencionada”. O Plan Sectorial da Xunta foi aprobado definitivamente en 1997 e modificado en 2002.

Contra este proxecto eólico, co que se pretenden instalar 10 aeroxeneradores en Forcarei e 3 en Silleda de 5,6 megavatios cada un, o Concello xa canalizou nas últimas semanas máis dun milleiro de alegacións particulares de veciñas e veciños, e continúa facéndoo pois o prazo para a presentación das mesmas está aberto ata o 27 de xullo. Moitas delas chegaron a raíz das diferentes charlas informativas organizadas polo Concello nas que se puxo a disposición de toda a veciñanza os correspondentes formularios e o asesoramento xurídico e técnico necesario (na imaxe). Así mesmo, o Concello colaborou con varias comunidades de montes coa asistencia técnica e a redacción dos informes de prevalencia de uso forestal e das alegacións, realizouse outra asistencia técnica e redactouse o informe de prevalencia de uso gandeiro e outro relacionado coa captación de augas e mananciais.

Anteriormente o Concello xa presentara a finais do ano pasado varias alegacións nas que reclamaba a necesidade de completar o expediente cun estudo rigoroso do patrimonio cultural, material, natural, xeolóxico e ambiental da zona, así como cunha información máis precisa sobre as liñas de evacuación e interconexión con outro polígono.

Unha boa nova a emisión de este informe desfavorable por parte da Xunta.


ENGADIDO IMPORTANTE:

Agardemos tamén que o Concello de Forcarei cumpra co seu deber e presente un informe técnico serio os proxectos. E traballe en unhas alegacións propias ben fundamentadas nos proxectos e na lexislación vixente para presentalas como Concello.

As alegacións que se están a presentar de xeito masivo, teñen o obxectivo de amosar o rexeitamento social. Pero os Concellos que nos representan, e que dispoñen de recursos e persoal técnico, teñen que facer unhas alegacións técnicas propias e alegar en contra como institución.

Os miles de alegacións que se están a rexistrar son o resultado do traballo de moita xente e sobre todo da Asociación Alarma na Terra de Montes, que foi a que puxo a disposición da xente varios modelos de alegacións. Os rexistros dos Concellos teñen o deber de collelas e darlle trámite.


Ningún goberno dos concellos de Terra de Montes pode vender o que lles é deber como favor ou un logro propio. Se comezaron a facer algo foi porque os veciños apretamos.

É importante que loitemos unidos nesta causa que nos afecta a todos! Ou gañamos todos ou perdemos todos.