Declaración Impacto Ambiental Paraño Oeste

0
169

Hoxe xoves 1 de decembro de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ANUNCIO do 16 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Paraño Oeste e conexión de evacuación, nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) (expediente 2022/0076).

Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221201/AnuncioG0532-171122-0001_gl.html

Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico PARAÑO OESTE.

O Xefe do Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos D.Manuel Díaz Cano e o Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indican que “Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental proponse formular a declaración de impacto ambiental nos termos recollidos ao logo desde documento en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

E xa van tan apurados no tempo que nin o selo da Xunta poñen.

E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Paraño Oeste, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avalidada, o condicionado que figura ao logo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles prevalecerá o disposto nesta DIA.

Unha declaración de impacto ambiental chea de erros, omisión de informes recibidos na fase de exposición pública e falta de contestación as 332 alegacions presentadas por comunidades de montes, asociacións e particulares.

Vergoñenta a tramitación que se deu para formular a presente declaración.

Vergoñenta a resposta das nosas administracións que miran polos intereses do capital antes que a calidade de vida dos veciños.

Agora ben, o parque éolico Paraño Oeste tal é como está plantexado non se vai a construir, e chegaremos a onde faga falta para evitalo. A vulneración de directivas, e a xurisprudencia existente está do noso lado e temos información moita información mal que lles pese a algúns.

A plataforma Terra de Montes en Perigo apoia a loita da Asociación Alarma na Terra de Montes e os Afectados do Parque Eólico Paraño Oeste e estaremos o voso carón para o que sea preciso. PARAÑO OESTE NON PARAÑO OESTE NON – PARAÑO OESTE NON

E unha cuestión moi importante é que ten que quedar moi clara para todos os veciños e veciñas:

Ter a Declaración de Impacto Ambiental favorable non implica necesariamente que se vaia a facer o parque eólico. Non caiades na trampa de Eólica Galenova, S.L.U e cheguedes a un acordo con eles baixo a coacción.

Aínda se ten que aprobar a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública (será capaz o Consello da Xunta de Galicia de aprobar a expropiación de terras as comunidades de Montes) e a correspondente licencia Municipal de Obras. Lembramos que o Concello pode negarse a facilitar a licencia facultado pola lei 39/2015 de 1 de outubro.