En EXPOSICIÓN PÚBLICA a Liña de Alta Tensión 132 kV P.E. Pico Touriñán – P.E. Monte Festeiros

0
816

A exposición pública o proxecto de execución, en concreto, das instalacións da liña de alta tensión 132 kV subestación parque eólico Pico Touriñán-subestación parque eólico Monte Festeiros, localizada nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei e Silleda (expediente IN408A 2020/165).

Solicitante: Enel Green Power España, S.L.

Denominación do proxecto: liña AT 132 kV sub. P.E. Pico Touriñán-sub. P.E. Monte Festeiros.

Concellos afectados: Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei e Silleda (Pontevedra).

Obxecto: evacuación da enerxía xerada polo parque eólico Pico Touriñán.

Características técnicas recollidas no proxecto:

Liña aéreo-subterránea, con orixe no apoio nº 1 de entroncamento na subestación do parque eólico Pico Touriñán e final no apoio nº 68 de entroncamento na subestación do parque eólico Monte Festeiros.

Potencia que se transportará: 24,8 MW.

A liña ten una lonxitude total de 22.393,70 m, repartida en tres tramos:

• Primeiro tramo: liña aérea entre os apoios 1 (inicio de liña) e 57 (paso aéreo-subterráneo), de 19.528,80 m de lonxitude total e cotas entre 420 e 831 m, con 3 condutores nus de aluminio con alma de aceiro tipo LA-180 147-AL1/34-ST1A (181,6 mm2 de sección por condutor) e cable de garda tipo OPGW (cable combinado de protección e comunicacións) de 180 mm2 de sección. Tendidos sobre apoios metálicos de celosía de diferentes tipos con cimentacións de formigón, compostos por perfís de aceiro galvanizado, fuste formado por tramos troncopiramidais de sección cadrada e cabezas de tramos prismáticos de sección tamén cadrada, cos seus correspondentes illadores, ferraxes e sistemas de posta a terra. Discorre polos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei e Silleda.

• Segundo tramo: liña subterránea entre os apoios 57 e 58 (pasos aéreo-subterráneos) de 139,56 m de lonxitude, con cotas de arredor de 830 m, con 3 condutores RHZ1-OL 76/132 kV 1×630 Al baixo tubo (630 mm2 de sección por condutor), e 1 cable de fibra óptica tipo monomodo de 48 fibras (baixo tubo). Discorre polo concello de Silleda.

• Terceiro tramo: liña aérea entre os apoios 58 (paso aéreo-subterráneo) e 68 (fin de liña) de 2.725,34 m de lonxitude total e cotas entre 741 e 792 m, de características técnicas idénticas ás do primeiro tramo. Discorre polo concello de Silleda.

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS até o 8 de Agosto.

Publicación DOGA 26/06/2023: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230626/AnuncioV0653-120623-0011_gl.pdf

Para descargar toda a documentación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0306.html

En este enlace están os seguintes documentos: