En Exposición Pública P.E. Touriñan III-2

0
539

A información pública e en prazo de presentación de ALEGACIÓNS ata o 14 de Xullo o PARQUE EÓLICO Touriñán III-2, emprazado nos concellos de A Estrada, Cuntis e Campo Lameiro (expediente IN661A 2011/13-4).

  • Empresa promotora: Greenalia Wind Power Touriñán, S.L.U
  • Potencia que se vai instalar: 24 MW.
  • Número de aeroxeradores: 5 × 5 MW (1 limitado a 4 MW para axustarse á potencia do parque) de potencia nominal unitaria.
  • Produción neta anual estimada: 92.786 Mwh/ano.
  • Subestación: a enerxía deste parque eólico, así como a do parque eólico Rosa dos Ventos ingresarase á rede eléctrica nacional a través da subestación colectora Touriñán III-2 de 30/220 kV, polo tanto, a antedita subestación evacuará, ademais da enerxía xerada polo PE Touriñán III-2 de 24 MW, a xerada polo PE Rosa dos Ventos de 15 MW, facendo un total de 39 MW.
  • Esta subestación conectarase pola súa vez á liña xa existente LAT 220 kV SET Pico Touriñán-SET Tibo mediante unha nova liña aérea: – Liña aérea a 220 kV de 54,03 m, e que estará constituída por dous circuítos trifásicos nos que se usará un condutor de aluminio-aceiro segundo UNE 50182 do tipo LA-280 (242‑AL 1/39-ST1A). Disporá de dous apoios intermedios entre a subestación e a liña existente de entronque LAT 220 kV SET Pico Touriñán-SET Tibo (proxecto independente e autorizado)

Publicación DOGA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220601/AnuncioG0596-060522-0001_gl.pdf

Documentación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0144.html

Neste enlace están os seguintes documentos:

  • Proxecto de execución (1.154 páxinas)
  • Proxecto sectorial (920 páxinas)
  • Estudo de impacto ambiental (1.663 páxinas)
  • Relación de bens e dereitos afectados (24 páxinas)
  • Anuncio (16 páxinas)