✊ Di NON ao macroproxecto eólico PEol-913 AC: Participa nas alegacións!

0
600

Desde a nosa entidade queremos denunciar a tramitación do macroproxecto eólico PEol-913 AC, que pretende implantar cinco polígonos industriais (Agratrina, Agromaces, Sistesas, Ventoburgo e Xestiloi) en máis de 20 concellos das provincias de Ourense, Pontevedra e Lugo, afectando de maneira grave e irreversible a montes, aldeas, paisaxes e ecosistemas de alto valor ambiental e social.

No pé deixamos os enlaces ao anuncio no BOE e a descarga de toda a documentación.

📌 Estes proxectos localízanse en zonas clasificadas como de máxima sensibilidade ambiental pola Zonificación do MITECO, próximas a espazos protexidos da Rede Natura 2000, e afectan a especies protexidas, patrimonio cultural e modos de vida rurais sostibles.

🛑 Non se trata de enerxía limpa nin distribuída: trátase dun proxecto industrial especulativo, sen planificación racional, sen participación veciñal e cun impacto moi superior aos supostos beneficios.

📝 Colabora e participa na alegación masiva

👉 Preparamos un modelo de alegación individual breve para que todas as persoas afectadas ou preocupadas polo futuro do noso territorio poidan participar. O prazo está aberto e é moi importante demostrar o rexeitamento social a este tipo de proxectos desmesurados.

🔗 Descarga aquí o modelo de alegación (formato Word)

🔗 Descarga aquí o modelo de alegación (formato pdf)


📤 Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/  Se precisas axuda para a presentación, contacta connosco.

Tamén podes modificar o modelo. 


💬 Cantas máis alegacións se presenten, máis forza terá a defensa do territorio. Fai valer o teu dereito a decidir sobre o futuro do medio rural e natural. Defendamos xuntas a terra que nos dá vida.

Documentos relacionados:

Os proxectos e estudos de Impacto Ambiental do expediente poden ser examinados a través do seguinte enlace: https://run.gob.es/wvzPEol913AC_PROYECTOSyEsIA

A documentación anterior tamen foi posta a disposición de cada un dos Concellos afectados: San Cristovo de Cea, Vilamarín, Piñor, O Carballiño, O Irixo, Boborás, Beariz, Leiro, San Amaro, Cenlle, Ribadavia y Castrelo de Miño (Ourense), Forcarei, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Silleda y Rodeiro (Pontevedra), Chantada y Carballedo (Lugo)-

Entre outras cuestións os concellos afectados deberían presentar INFORMES TÉCNICOS RIGOROSOS E PRECISOS de cada AFECCIÓN. Artículo 127 del Real Decreto 1955/2000 de 1 de diciembre, posto que no caso de que non os presenten están dando a súa conformidade instalación de este macrocomplexo eólico sen precedentes na historia de Galicia, e serán CÓMPLICES

Informe ≠ Alegación

Artigo 127 do Real Decreto 1955/2000, de 1 de diciembre, por el que se regulan las actividades de transporte, distribución, comercialización, suministro y procedimientos de autorización de instalaciones de energía eléctrica. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2000-24019

*O mapa que ilustra esta publicación foi elaborado polo Sindicato Labrego Galego, o cal agradecemos o traballo.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here