17 proxectos en Terra de Montes. Aeroxeradores (150-200m. altura), pistas, liñas eléctricas de media e alta tensión, gabias, torres de medición, subestacións e centros de control.
O QUE DIN:
- TRANSPARENCIA NO PROCESO
O QUE OCULTAN:
- APROVÉITANSE DO DESCOÑECEMENTO
- AMEAZAN COA EXPROPIACIÓN PARA ASUSTAR E PAGAR O MENOS POSIBLE
- CLAÚSULAS E LEIS QUE DEIXAN AOS VECIÑOS SEN GARANTÍAS NIN DEREITOS
O QUE DIN:
- NON GASTAN NIN DANAN A AUGA
O QUE OCULTAN:
- GRANDES DESMONTES E MOVEMENTOS DE TERRAS, MAQUINARIAS, FORMIGÓNS
- ROTURA DAS TRAÍDAS, CEGAMENTOS DOS MANANCIAIS, CONTAMINACIÓN DAS AUGAS, CAMBIOS NAS VERTENTES
- FALTA DE SUMINISTRO DE AUGA DESERTIZACIÓN E INUNDACIÓNS
O QUE DIN:
- XERAN RIQUEZA
O QUE OCULTAN:
- PREZOS RIDÍCULOS PARA OS PROPIETARIOS COMPARADOS COS GRANDES BENEFICIOS DAS EMPRESAS
- CAMBIOS NA CALIFICACIÓN DO SOLO DENTRO DAS POLIGONAIS
- PERDA DE VALOR DAS VIVENDAS E DAS TERRAS
- EFECTOS MOI NEGATIVOS PARA O SECTOR AGROGANDEIRO, FORESTAL E TURÍSTICO
- PROBLEMAS NOS SINAIS DE RADIO, MÓBIL E TELEVISIÓN
- DESPOBOAMENTO
O QUE DIN:
- NON AFECTAN Á SAÚDE
O QUE OCULTAN:
- RUÍDO DAS PAS
- “EFECTO SOMBRA”
- CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS
- VÉRTIGO VISUAL
- LIÑAS DE ALTA TENSIÓN CRUZANDO ZONAS HABITADAS
- ACCIDENTES: DESPRENDEMENTO DE PEZAS E PLACAS DE XEO, INCENDIOS
O QUE DIN:
- ENERXÍA LIMPA E RESPETUOSA CO MEDIO
O QUE OCULTAN
- IMPACTO ENORME NA PAISAXE
- CONTAMINACIÓN ACÚSTICA E LUMÍNICA
- DANOS NO PATRIMONIO
- DESTRÚE ECOSISTEMAS: MATA AVES, AFECTA ÓS ACUÍFEROS, PERIGO DE INCENDIOS FORESTAIS
O QUE DIN:
- XERAN TRABALLO
O QUE OCULTAN:
- FANSE OBRAS (1 ano) O QUE É IGUAL A TRABALLO TEMPORAL
- TRABALLO REALIZADO POR EMPRESAS FORÁNEAS QUE NON GARANTEN CONTRATAR ÓS VECIÑOS
- O MANTEMENTO PRECISA MOI POUCO PERSOAL E ESPECIALIZADO
- DESTRUEN POSTOS DE TRABALLO NOS SECTORES AFECTADOS (AGROGANDEIRO, FORESTAL, TURÍSTICO, ETC,…)
No seguinte link podes descargar o documento elaborado pola Asociación Alarma na Terra de Montes para informar sobre “A REALIDADE DOS EÓLICOS”