Venres, Outubro 9, 2026
HomePROXECTOSCASTRO VALENTEDECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL P.E. CASTRO VALENTE

DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL P.E. CASTRO VALENTE

Hoxe mércores 14 de decembro de 2022, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ANUNCIO do 28 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Castro Valente, nos concellos de Padrón (A Coruña), e A Estrada, Pontecesures e Valga (Pontevedra) (expediente
2021/0033).

Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221214/AnuncioG0532-281122-0006_gl.html

Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico CASTRO VALENTE.

O Xefe do Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos D.Manuel Díaz Cano e o Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indican que “Logo de realizar a revisión da documentación preliminar aportada co expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental”

E xa van tan apurados no tempo que nin o selo da Xunta poñen.

E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico CASTRO VALENTE, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avalidada, o condicionado que figura ao logo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles prevalecerá o disposto nesta DIA.

Unha declaración de impacto ambiental chea de erros, omisión de informes recibidos na fase de exposición pública e falta de contestación ás 133 alegacions presentadas por comunidades de montes, asociacións e particulares.

QUE ALGUÉN NOS EXPLIQUE o A SÚA LIÑA DE EVACUACIÓN

Vergoñenta a tramitación que se deu para formular a presente declaración.

Vergoñenta a resposta das nosas administracións que miran polos intereses do capital antes que a calidade de vida dos veciños.

Agora ben, o parque éolico CASTRO VALENTE tal é como está plantexado non se vai a construir, e chegaremos a onde faga falta para evitalo. A vulneración de directivas, e a xurisprudencia existente está do noso lado e temos información moita información mal que lles pese a algúns.

A plataforma Terra de Montes en Perigo apoia a loita dos Afectados do Parque CASTRO VALENTE e estaremos o voso carón para o que sea preciso. CASTRO VALENTE NON – CASTRO VALENTE NON – CASTRO VALENTE NON

E unha cuestión moi importante é que ten que quedar moi clara para todos os veciños e veciñas:

Ter a Declaración de Impacto Ambiental favorable non implica necesariamente que se vaia a facer o parque eólico. Non caiades na trampa de IBERDROLA RENOVALES GALICIA, S.A. e cheguedes a un acordo con eles baixo a coacción.

Aínda se ten que aprobar a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública (será capaz o Consello da Xunta de Galicia de aprobar a expropiación de terras as comunidades de Montes) e a correspondente licencia Municipal de Obras. Lembramos que o Concello pode negarse a facilitar a licencia facultado pola lei 39/2015 de 1 de outubro.

Relacionados

Máis vistas

Comentarios recentes

Milagros cortegoso on Alta como SOCI@