DECLARACIÓN IMPACTO AMBIENTAL CAMPOS VELLOS

0
339

Hoxe mércores 4 de xaneiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Campos Vellos, nos concellos de Beariz e Boborás (Ourense) (expediente 2022/0093).

Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230104/AnuncioG0532-121222-0008_gl.html

Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico CAMPOS VELLOS.

O Xefe do Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos D.Manuel Díaz Cano e o Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indican que “Logo de realizar a revisión da documentación preliminar aportada co expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.”

E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE Formular a declaración de impacto ambiental negativa do proxecto do parque eólico Campos Vellos, promovido por Greenalia Wind Power Campos Vellos, S.L.U. nos concellos de Boborás e Beariz (Ou), ao concluírse, segundo se indica en diversos informes, e en particular no da Dirección Xeral de Saúde Pública e no da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, que o proxecto pode ter repercusións negativas sobre a saúde da poboación e non é compatible coa preservación dos valores naturais da contorna.

Satisfeitos de que que a declaración de impacto ambiental sexa negativa, e de que en ela se indique que o proxecto pode ter repercusións negativas sobre a saúde da poboación e non é compatible coa preservación de valores naturais da contorna.

Estas dúas cuestións, deberían de ser aplicables tamén ao proxecto eólico Marcofán que o 28 de Novembro de 2022 esta mesma directora xeral resolveu formular unha declaración de impacto ambiental favorable. Temos que lembrar que o proxecto eólico Marcofán se atopa na mesma localización xeográfica. Algunha explicación terán que darnos….

Vimos denunciando que os proxectos están encima das aldeas, e que nas aldeas non so se fai vida dentro das casas. A Consellería de Sanidade ten que tomar cartas no asunto e paralizar todos os proxectos eólicos que están encima das aldeas, e encima das terras que a día serven de sustento a moitas e moitas familias. Non se pode permitir o espolio e asoballamento que pretenden levar a cabo os que soamente miran a súa conta de resultados.