DECLARACIÓN IMPACTO AMBIENTAL CAMPO DAS ROSAS

0
471

Hoxe luns 9 de Xaneiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Campo das Rosas e a súa infraestrutura de evacuación, nos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra) (expediente 2020/0215).

Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230109/AnuncioG0532-221222-0004_gl.html

Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico CAMPO DAS ROSAS.

O Xefe do Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos D.Manuel Díaz Cano e o Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indican que “Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.”

E xa van tan apurados no tempo que nin o selo da Xunta poñen.

E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE

“Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Campo das Rosas e da súa infraetrutura de evacuación, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.”

Unha declaración de impacto ambiental con graves incoherencias e falta de contestación as alegacions presentadas por comunidades de montes, asociacións e particulares…

Vergoñenta a tramitación que se está a dar na xestión dos expedientes para formular as declaracións de impacto ambiental.

Vergoñenta a resposta das nosas administracións que miran polos intereses do capital antes que a calidade de vida dos veciños.

Agora ben, o parque éolico CAMPO DAS ROSAS tal é como está plantexado non se vai a construir, e chegaremos a onde faga falta para evitalo. A vulneración de directivas, e a xurisprudencia existente está do noso lado e temos información moita información mal que lles pese a algúns.

E unha cuestión moi importante é que ten que quedar moi clara para todos os veciños e veciñas:

Ter a Declaración de Impacto Ambiental favorable non implica necesariamente que se vaia a facer o parque eólico. Non caiades na trampa de NATURGY, SLU e cheguedes a un acordo con eles baixo a coacción.

Aínda se ten que aprobar a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública (será capaz o Consello da Xunta de Galicia de aprobar a expropiación de terras as comunidades de Montes) e a correspondente licencia Municipal de Obras. Lembramos que o Concello pode negarse a facilitar a licencia facultado pola lei 39/2015 de 1 de outubro.