Luns, Outubro 5, 2026
HomePROXECTOSBORREIRODECLARACIÓN IMPACTO AMBIENTAL P.E. BORREIRO

DECLARACIÓN IMPACTO AMBIENTAL P.E. BORREIRO

Hoxe venres 20 de xaneiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Parque eólico Borreiro, nos concellos de CerdedoCotobade, A Estrada e Forcarei (expediente 2023/0002).

Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230120/AnuncioG0532-180123-0005_gl.pdf

Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico BORREIRO.

O Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indican que “Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, e á vista do que se desprende do informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural en canto aos efectos acumulativos e sinérxicos sobre as poboacións de aves e quirópteros presentes na área na que se pretende instalar o parque eólico Borreiro, considérase que a actuación proxectada non é ambientalmente viable, polo que se propón formular unha declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto.”

“

E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE

“Formular a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto parque eólico Borreiro, nos termos propostos polo Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación
ambiental.


Esta declaración de impacto ambiental farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e remitiráselle ao órgano substantivo para os efectos que correspondan no marco do procedemento de autorización administrativa das instalacións.


De acordo co artigo 41.4 da lei de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

.

Satisfeitos de que que a declaración de impacto ambiental sexa negativa, e de que e á vista do que se desprende do informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural en canto aos efectos acumulativos e sinérxicos sobre as poboacións de aves e quirópteros presentes na área na que se pretende instalar o parque eólico Borreiro, considérase que a actuación proxectada non é ambientalmente viable

Entendemos que estos motivos teñen que ser aplicables a todos os proxectos que se pretenden levar a cabo na Serra de Cabanelas.

Estaremos alerta e faremos o que teñamos que facer para deter todos estos proxectos. Non se pode permitir o espolio e asoballamento que pretenden levar a cabo os que soamente miran a súa conta de resultados.

Relacionados

Máis vistas

Comentarios recentes

Milagros cortegoso on Alta como SOCI@