Hoxe martes 24 de xaneiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico As Penizas, nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Forcarei (Pontevedra). Clave do expediente 2018/0025.
Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230124/AnuncioG0532-230123-0006_gl.pdf
Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico PENIZAS.
O Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indica que “Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.”
E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE “Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico As Penizas considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao
longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.”
.
Unha declaración de impacto ambiental que da vergoña. E imos soamentes a destacar o que manifesta a Dirección Xeral de Saúde Pública expón no informe emitido o 19.01.2023, é dicir, un informe emitido fai uns días, para que chegara a tempo para poder aprobar antes do día 25, e que xa da unha pista do rigor que pode ter…… que tras avaliar a documentación achegada e terse en conta, identificar e valoraron os posibles impactos no medio ambiente con posible repercusión sobre a saúde humana, recolle as observacións en relación cos seguintes puntos: caracterización da poboación en situación de risco, determinación dos potenciais perigos, identificación das posibles vías de exposición, avaliación da necesidade de medición da exposición e do deseño dun estudo de avaliación de risco para a saúde do proxecto.
Tras desenvolver as cuestións anteriores, e tras a valoración dos aspectos relativos á saúde ambiental informa como favorable condicionado a presentación con carácter previo ao inicio das obras da documentación e información sobre varios aspectos nos que non se recolle información ou é insuficiente sobre varios aspectos (niveis sonoros, parpadeo de sombras, vixilancia ambiental, etc.) que poden ter repercusións sobre a saúde da poboación.
Vergoñenta a tramitación que se deu para formular a presente declaración.
Vergoñenta a resposta das nosas administracións que miran polos intereses do capital antes que a calidade de vida dos veciños.
Agora ben, o parque éolico PENIZAS non se vai a executar, e chegaremos a onde faga falta para evitalo. A vulneración de directivas, e a xurisprudencia existente está do noso lado e temos información moita información mal que lles pese a algúns.
<<Se a veciñanza non quere os parques eólicos, os parques eólicos non se fan >>Manel Pazo presidente da Asociación Eólica de Galicia
E unha cuestión moi importante é que ten que quedar moi clara para todos os veciños e veciñas:
Ter a Declaración de Impacto Ambiental favorable non implica necesariamente que se vaia a facer o parque eólico. Non caiades na trampa de Greenalia Wind Power, S.L.U e cheguedes a un acordo con eles baixo a coacción.
Aínda se ten que aprobar a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública (será capaz o Consello da Xunta de Galicia de aprobar a expropiación de terras as comunidades de Montes) e a correspondente licencia Municipal de Obras. Lembramos que o Concello pode negarse a facilitar a licencia facultado pola lei 39/2015 de 1 de outubro.