Declaración Impacto Ambiental P.E. OUTEIRO GRANDE

0
545

Hoxe venres, 10 de febreiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Outeiro Grande, nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra) (expediente 2022/0165)..

Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230210/AnuncioG0532-300123-0002_gl.pdf

Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico OUTEIRO GRANDE.

O Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indica que “Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste
documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.”

E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE “Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Outeiro Grande, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.”

Unha declaración de impacto ambiental chea de erros, omisión de informes recibidos na fase de exposición pública e falta de contestación as 835 alegacions presentadas por comunidades de montes, asociacións e particulares.

Tamén se recolle que o promotor presentou unha ADENDA co fin de achegar modificacións con respecto o EsIA que estivo en exposición pública e que supón a alternativa final, que os afectados descoñecemos.

Vergoñenta a tramitación que se deu para formular a presente declaración.

Vergoñenta a resposta das nosas administracións que miran polos intereses do capital antes que a calidade de vida dos veciños.

Agora ben, o parque éolico OUTEIRO GRANDE non se vai a executar, e chegaremos a onde faga falta para evitalo. A vulneración de directivas, e a xurisprudencia existente está do noso lado e temos información moita información mal que lles pese a algúns.

<<Se a veciñanza non quere os parques eólicos, os parques eólicos non se fan >>Manel Pazo presidente da Asociación Eólica de Galicia

E unha cuestión moi importante é que ten que quedar moi clara para todos os veciños e veciñas:

Ter a Declaración de Impacto Ambiental favorable non implica necesariamente que se vaia a facer o parque eólico. Non caiades na trampa de A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. e cheguedes a un acordo con eles baixo a coacción.

Aínda se ten que aprobar a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública (será capaz o Consello da Xunta de Galicia de aprobar a expropiación de terras) e as correspondentes licencias Municipáis de Obras. Lembramos que os Concellos poden negarse a facilitar a licencia facultados pola lei 39/2015 de 1 de outubro.