Hoxe xoves 19 de xaneiro de 2023, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque eólico Cabanelas (retramitación), nos concellos de Cerdedo-Cotobade, A Estrada e Forcarei (expediente 2023/0001).
Ver publicación no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230119/AnuncioG0532-160123-0007_gl.pdf
Incorporamos a continuación a Declaración de Impacto Ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climática relativa ao proxecto do parque eólico CABANELAS.
O Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental D. Juan Manuel Camiño Soto, indican que “Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental e á vista dos informes desfavorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e dos concellos de Forcarei e Cerdedo- Cotobade, e das cautelas establecidas polo resto dos organísmos, considérase que a actuación proxectada non é ambientalmente viable polo que se propón formular a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto.”
E Dona María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático RESOLVE
Formular a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto do parque eólico Cabanelas, promovido por Greenalia Wind Power Cabanelas S.L.U. nos concellos de A Estrada, Forcarei e CerdedoCotobade (Pontevedra), nos termos propostos polo Servizo Avaliación Ambiental de Proxectos, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Esta declaración de impacto ambiental farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e se lle remitirá ao órgano substantivo para os efectos que correspondan no marco do procedemento de autorización administrativa das instalacións.
De acordo co artigo 41.4 da lei de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso algún sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte o acto polo que se autoriza o proxecto.
.
Satisfeitos de que que a declaración de impacto ambiental sexa negativa, e de que en ela se indique que o proxecto á vista dos informes desfavorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e dos concellos de Forcarei e Cerdedo- Cotobade, e das cautelas establecidas polo resto dos organísmos, considérase que a actuación proxectada non é ambientalmente viable.
Entendemos que estos motivos teñen que ser aplicables a todos os proxectos que se pretenden levar a cabo na Serra de Cabanelas.
Estaremos alerta e faremos o que teñamos que facer para deter todos estos proxectos. Non se pode permitir o espolio e asoballamento que pretenden levar a cabo os que soamente miran a súa conta de resultados.