INFORME DA COMISIÓN TÉCNICA TEMPORAL SOBRE ENERXÍA EÓLICA E PAISAXES CULTURAIS EN GALICIA

0
656

O CCG acordou en marzo de 2021 a creación dunha Comisión técnica temporal á que se encomendou a elaboración deste informe para analizar de forma obxectiva, técnica, plural, rigorosa e construtiva o obxecto destas, a realidade do Plan eólico de Galicia, a afección real ao patrimonio natural e cultural, especialmente ás paisaxes culturais, e facelo de maneira propositiva intentando facilitar alternativas que melloren a situación do patrimonio en Galicia, das paisaxes culturais, e minimizando o impacto producido nelas por este tipo de instalacións.

Segundo o Consello da Cultura galega “Urxe solicitar unha moratoria na autorización de parques eólicos para poder revisar o Plan sectorial eólico de Galicia”. Son algunhas das conclusión do informe “Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia” que xa se pode consultar. Rebeca Blanco Rotea coordinou a comisión integrada polo xurista Carlos Amoedo Souto, o arqueólogo David Barreiro Martínez, a arquitecta Teresa Nieto Freire, o xeógrafo Augusto Pérez Alberti, o economista Xavier Simón e o arqueólogo Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez.http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4437