Relación de bens afectados P.E. Monte Festeiros 2/04/2012

0
632

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra,
pola que se someten a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación
que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial
de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica, o estudo ambiental e a
solicitude de acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das
instalacións referidas ao parque eólico Monte Festeiros (concellos de Forcarei e
Silleda – provincia de Pontevedra – expediente IN661A 2011/2-4).

Na Relación de Bens e Dereitos afectados figuran entre outros os de veciños dos seguintes lugares do Concello de Forcarei:

  • Andón
  • Filloi
  • Lamasgalán de Abaixo
  • Lamasgalán de Arriba
  • Nercellas
  • O Cotiño
  • O Forno
  • Pardellas
  • San Bartolomeu
  • Taboadelo
  • Valiñaxemia

No anuncio solicítase a declaración de utilidade pública que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.