Xoves, Outubro 28, 2021
HomePROXECTOSAnuncio Estudio Impacto Ambiental e Autorización Administrativa Previa P.E. Rula

Anuncio Estudio Impacto Ambiental e Autorización Administrativa Previa P.E. Rula

No seguinte link podes visualizar o Anuncio da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Rula, de 55 MW, situado no término municipal de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), e a súa infraestructura de evacuación, situada nos termos municipais de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas (Pontevedra).

E no seguinte link podes baixar todos os documentos para o seu estudo.

E no seguinte link podes baixar os planos do proxecto.

Entre todos, podemos evitar os graves impactos que estos proxectos xerarían no noso territorio.

As empresas do sector enerxético coa complicidade dos diferentes gobernos: concellos, autonómico e central están a promover macropolígonos industriais eólicos coma un motor de crecemento económico e xeración de emprego nas zonas afectadas, sen embargo están a esaxerar os efectos positivos e ocultando os gravísimos problemas ambientais, de saúde e financeiros que asumimos a poboación.

Sen ningún tipo de orde, pretenden transformar o medio rural en macroparques industriais, sen importarlles o máis mínimo as actividades propias do medio rural coma o sector agrogandeiro, o sector forestal ou o turismo rural.

Está nas nosas mans parar estos proxectos e as gravísimas consecuencias da súa implantación.

INFÓRMATE E PRESENTA AS TÚAS ALEGACIÓNS

Relacionados

Deixar resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here

- O noso futuro -
Eolicos Terra de Montes asi NON

Máis vistas

Comentarios recentes