Recollida de alegacións en Terreboredo 26-27 de xuño

0
992

A vindeira fin de semana, a Asociación Alarma en Terra de Montes contará con unha mesa informativa na I Feira de artesanía e produtos agroalimentarios Terreboredo.

En horario de 11 a 19 h, tanto o sábado coma o domingo, membros da asociación informarán sobre a realidade dos proxectos eólicos que afectan á comarca de Terra de Montes e arredores.

Estarán dispoñibles tamén modelos de alegacións para asinar.

Terreboredo, na parroquia estradense de O Souto, acollerá os días 26 e 27 de xuño a primeira edición da Feira de Artesanía e Produtos agroalimentarios. Nesta actividade participarán coñecidos artesáns dos municipios coma Donha Formiguinha, Serodio Creacións, Maruxío, Nobelo, Casal de Creación, Camizeta, Rebulidoiro Granxa Eco, A Rabuda, Babyvan, Raposeiras Editorial, Pic Collage o Apicola Cañedo, entre outras. Abarcan polo tanto dende traballos en pel ou coiro a mel e galletas, pasando por camisetas e traballos editoriais.

Haberá pulpeira e empanadas.

A Asociación Alarma en Terra de Montes agradece a organización da Feira as facilidades mostradas para poñer a Mesa Informativa.