Autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública P.E. CAMPO DAS ROSAS

0
519

O mércores 7 de xuño de 2023 foi publicado no DOG Núm. 107 a RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de abril de 2023, polo que se outorga a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Campo das Rosas, sito nos concellos da Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2017/005).

Ligazón ao anuncio da resolución no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230607/AnuncioV0653-210423-0001_gl.pdf

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

IMPORTANTE:

Os concellos de A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade teñen que dar a correspondente licenza de obras para que o proxecto se poida levar a cabo. E poden oporse. A realidade é que os concellos poden iniciar un procedemento para paralizar os polígonos industriais eólicos aprobados pola Xunta de Galicia ou o Goberno do Estado.

Os concellos de A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade poden solicitar a revisión e anulación do acto administrativo (esta resolución)

Basaseando este requerimento no informe técnico que acheguen. Xa que o artigo 22.2 e o artigo 39.5 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas lexitiman o exercicio deste requerimento. Así o artigo 39.5 da lei referenciada indica literalmente: “5. Cando unha Administración Pública teña que ditar, no ámbito das súas competencias, un acto que necesariamente teña por base outro ditado por unha Administración Pública distinta e aquela entenda que é ilegal, poderá requirir a esta previamente para que anule ou revise o acto de acordo con o disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición ContenciosoAdministrativa, e, de rexeitar o requirimento, poderá interpoñer recurso contencioso administrativo. Nestes casos, quedará suspendido o procedemento para ditar resolución”.

Cada un dos afectados podemos presentar recurso de reposición no prazo de un mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación.

No caso de non prosperar os recursos de reposición poden interpoñerse recurso contencioso administrativo.

Agora máis que nunca é preciso que te informes e teñas coidado cos agapitos!!

NON XIRARÁN!!!!!