PRECISAMOS DA TUA AXUDA, para frear o parque eólico Campo das Rosas

0
215

Precisamos da túa axuda para frear o parque eólico Campo das Rosas que se ubica nos concellos de A Estrada, Cerdedo Cotobade e Campo Lameiro.

👉Este parque conforma un macropoxecto eólico de 9 aeroxeradores xunto co P.E. Porto Vidros promovidos por Naturgy Renovables.

✊Cómpre paralo e ti podes axudar a conseguilo facendo unha achega á campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos. Doa! https://tipodesparalos.helpbysc.com/campodasrosas

Procuramos fondos para poder recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización e declaración de utilidade pública do Parque Eólico Campo das Rosas en A ESTRADA, CERDEDO-COTOBADE e CAMPO LAMEIRO. Apoia esta campaña e defende a terra deste modelo enerxético inxusto e antiecolóxico. Lembra que a túa doazón pode desgravar en Facenda ata un 80%!