Autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción P.E. OUTEIRO GRANDE

0
316

O mércores 14 de xuño de 2023 foi publicado no DOG Núm. 112 a RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Outeiro Grande, sito nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra) e promovido por A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. (IN661A 2011/1-4).

Ligazón ao anuncio da resolución no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230614/AnuncioV0653-190523-0005_gl.pdf

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

IMPORTANTE:

Non se declarou a utilidade pública do proxecto, polo que sen acordo cos propietarios non dispoñen dos terreos necesarios para levar a cabo o proxecto. Moito ollo cos agapitos.

Os concellos de Forcarei e A Estrada teñen que dar a correspondente licenza de obras para que o proxecto se poida levar a cabo. E poden oporse. A realidade é que os concellos poden iniciar un procedemento para paralizar os polígonos industriais eólicos aprobados pola Xunta de Galicia ou o Goberno do Estado.

Os concellos de Forcarei e A Estrada poden solicitar a revisión e anulación do acto administrativo (esta resolución)

Basaseando este requerimento no informe técnico que acheguen. Xa que o artigo 22.2 e o artigo 39.5 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas lexitiman o exercicio deste requerimento. Así o artigo 39.5 da lei referenciada indica literalmente: “5. Cando unha Administración Pública teña que ditar, no ámbito das súas competencias, un acto que necesariamente teña por base outro ditado por unha Administración Pública distinta e aquela entenda que é ilegal, poderá requirir a esta previamente para que anule ou revise o acto de acordo con o disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición ContenciosoAdministrativa, e, de rexeitar o requirimento, poderá interpoñer recurso contencioso administrativo. Nestes casos, quedará suspendido o procedemento para ditar resolución”.

Cada un dos afectados podemos presentar recurso de alzada no prazo de un mes a contar dende o día seguinte ao da súa notificación.

No caso de non prosperar os recursos de alzada poden interpoñerse recurso contencioso administrativo.

Agora máis que nunca é preciso que te informes e teñas coidado cos agapitos!!

NON XIRARÁN!!!!!