PRECISAMOS DA TUA AXUDA, para frear o parque eólico Touriñan III-2

0
157

Precisamos da túa axuda para frear o parque eólico Touriñan III-2 que se ubica nos concellos de A Estrada, Cerdedo Cotobade e Campo Lameiro.

👉Proxectado no hábitat das Bestas de Sabucedo e lugar de Europa con maior concentración de arte rupestre ao aire libre

✊Cómpre paralo e ti podes axudar a conseguilo facendo unha achega á campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos. Doa! https://tipodesparalos.helpbysc.com/tourinhanIII2

Procuramos fondos para poder recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización do Parque Eólico Touriñan III-2 en A ESTRADA, CERDEDO-COTOBADE e CAMPO LAMEIRO. Apoia esta campaña e defende a terra deste modelo enerxético inxusto e antiecolóxico. Lembra que a túa doazón pode desgravar en Facenda ata un 80%!