EXPOSICIÓN PÚBLICA P.E. PARAÑO OESTE

0
729

A exposición pública o Parque Eólico PARAÑO OESTE (Forcarei e Beariz), promovido por Eólica Galenova, S.L.U. e declarado proxecto de interese autonómico pola Xunta de Galicia (tramitación de urxencia)

Situación: montes comunais de Lamas, Sixto, Fixo-Pardesoa, Lebozán e Busto, A Bouza, Alvite, Pousada, A Abeleira, Alén.

Potencia total: 49,7 MW.

14 aeroxeradores (3,55 MW e 180 m. altura total)

A Abeleira, Alén e A Ermida a 750, 750 e 810 metros do aeroxerador máis próximo.

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS até o 26 de ABRIL.

Publicación DOGA 10/03/2022: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211005/AnuncioG0596-290921-0003_gl.html?fbclid=IwAR3O699bQTd_CBNVC9Po5SGghSzvHwNBo-8w5b6kRzKYMa7KNH78zpDlLxA

Para descargar toda a documentación:

http://descargas.xunta.es/75218324-95fd-411b-8445-f12b30ffeefc1632475367277

En este enlace están os seguintes documentos:

  • Estudo de Impacto Ambiental (825 pax.)
  • Proxecto de Execución (564 pax.)
  • Relación de Bens e Dereitos Afectados (37 pax.)
  • Proxecto sectorial (188 pax.)

Este proxecto xa estivo en exposición pública durante 15 días no pasado mes de outubro de 2021 pero vista a Sentenza nº 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que non adquiriu firmeza e está a ser obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, a Xunta de Galicia decide somerter de novo a información pública por un prazo de 30 días a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Paraño Oeste, así como a das súas infraestruturas de evacuación.