Modelo Alegacións Conexión Beariz 400kV

0
853

ACTUALIZADO 23-03-2022

Elaboradas pola  Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo tes a túa disposición, as seguintes alegacións en versión .pdf e .word . Grazas polo traballo.

Colabora e participa! Descarga un dos modelos de alegacións ao proxecto de instalacións de CONEXIÓN BEARIZ 400kV

Só tes que cubrir a cabeceira do escrito cos teus datos persoais e asinar na última folla.

Logo preséntao no Rexistro de calquer Administración pública ou se tes sinatura electrónica no rexistro dá Administración estatal no enlace: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso ou coa Chave 365 no portal da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ 

Tamén podes modificar o modelo. 

Fin do prazo para presentar as alegacións: 6 de MAIO de 2022.

Este proxecto xa estivo en exposición pública durante 15 días no pasado mes de XANEIRO de 2022 pero vista a sentenza nº 18/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, sométese de novo a información pública por un prazo de 30 días o proxecto de instalacións de conexión Beariz 400kV.