Xoves, Outubro 1, 2026
HomePROXECTOSNESA MONTE ARCA NORTE E SUREn exposición pública os parques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Sur

En exposición pública os parques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Sur

Desde o 1 de outubro e ata o 12 de novembro de 2026 permanece aberto o período de consulta pública e presentación de alegacións aos proxectos dos parques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Nesa Monte Arca Sur, xunto coas súas infraestruturas de evacuación.

Os proxectos afectan aos concellos da Estrada, Cuntis e O Campo Lameiro, na provincia de Pontevedra. O acordo de información pública foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 30 de setembro de 2026.

PARQUE EÓLICO NESA MONTE ARCA NORTE
Expediente IN408A 2019/103-NT

  • Promotora: Nesa Vento Galego 2, S.L.
  • Concellos afectados: A Estrada e Cuntis
  • Potencia: 20 MW
  • Número de aeroxeradores: 3
  • Modelo: Nordex N175
  • Potencia nominal unitaria: 6,66 MW
  • Diámetro de rotor: 175 metros
  • Altura de buxeiro: 118,6 metros
  • Produción neta anual estimada: 72.738 MWh/ano.

PARQUE EÓLICO NESA MONTE ARCA SUR
Expediente IN408A 2019/104-NT

  • Promotora: Nesa Vento Galego 3, S.L.
  • Concellos afectados: A Estrada, Cuntis e O Campo Lameiro
  • Potencia: 20 MW
  • Número de aeroxeradores: 3
  • Modelo: Nordex N175
  • Potencia nominal unitaria: 6,66 MW
  • Diámetro de rotor: 175 metros
  • Altura de buxeiro: 118,6 metros
  • Produción neta anual estimada: 71.120 MWh/ano.

O proxecto de Nesa Monte Arca Sur incorpora tamén as infraestruturas de evacuación, entre elas a SET Monte Redondo 132/30 kV e unha liña aérea de alta tensión de 132 kV entre a SET Monte Redondo e a SET Touriñán III-2. A liña terá unha lonxitude total de 7,88 km e 27 apoios, discorrendo polos concellos da Estrada e O Campo Lameiro.

A información pública abrangue, entre outra documentación:

  • Proxecto técnico-administrativo do P.E. Nesa Monte Arca Norte.
  • Proxecto técnico-administrativo do P.E. Nesa Monte Arca Sur.
  • Proxecto da SET Monte Redondo 132/30 kV.
  • Proxecto da LAAT 132 kV SET Monte Redondo–SET Touriñán III-2.
  • Estudo de impacto ambiental conxunto dos dous parques e das súas infraestruturas de evacuación.

Documentación

Toda a documentación sometida a exposición pública pode consultarse no portal da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Prazo de alegacións

📅 Do 1 de outubro ao 12 de novembro de 2026.

Durante este período, as persoas interesadas poden examinar a documentación e presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

Infórmate, participa e defende o territorio. Cada alegación conta.


Deixamos a continuación o mapa elaborado en google maps pola consultora TYSGAL Medioambiente SL  https://tysgal.com/

Relacionados

Máis vistas

Comentarios recentes

Milagros cortegoso on Alta como SOCI@