𝗣𝗥𝗘𝗖𝗜𝗦𝗔𝗠𝗢𝗦 𝗗𝗔 𝗧𝗨𝗔 𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔, para 𝗳𝗿𝗲𝗮𝗿 𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗾𝘂𝗲 𝗲ó𝗹𝗶𝗰𝗼 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀

0
524

Precisamos da túa axuda para frear o parque eólico Monte Festeiros que se ubica nos concellos de Silleda e Forcarei.

👉Parroquias afectadas: Meavía, Acibeiro, Xestoso, Graba, Forcarei, Quintillán, Dúas Igrexas, Pereira, Refoxos, Siador, Fiestras, Margaride, Negreiros, Breixa e Saidres. Posto que o parque trae asociadas tres liñas de alta tensión.

👉Este parque, que suma 10 aeroxeradores de ata 180 metros, proxéctase nun valioso corredor ecolóxico entre a Serra do Candán e as Brañas de Xestoso, ambas integradas na Rede Natura 2000.

👉Neste singular hábitat atópase a mellor representación de turbeiras acedas de Galiza, na Lagoa Sacra de Olives, así como xoias vexetais e animais como a tartaraña cincenta, o sisón, a droseira ou a herba do algodón.

✊Cómpre paralo e ti podes axudar a conseguilo facendo unha achega á campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos. Doa! https://tipodesparalos.helpbysc.com/montefesteiros

Procuramos fondos para poder recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización do Parque Eólico Monte Festeiros en FORCAREI e SILLEDA, que poñería en risco un singular hábitat con xoias vexetais e animais entre a Serra do Candán e as Brañas de Xestoso. Apoia esta campaña e defende a terra deste modelo enerxético inxusto e antiecolóxico. Lembra que a túa doazón pode desgravar en Facenda ata un 80%!