¡Acabouse a trampa de fragmentar MEGAPROXECTOS de enerxías renovables!

0
748

Presentar subproxectos por debaixo de 50 MW, co fin de eludir a súa tramitación ante o Ministerio, de camuflar o impacto ambiental e facilitar a tramitación no ámbito autonómico, é un presunto fraude de lei que ten os días contados. ⚖️

Desde Aliente denuncian esta situación e dispoñen da ferramenta legal para esixir á Administración e ós promotores que sigan os cauces correctos, midan de forma adecuada os efectos acumulados no entorno e cumpran rigorosamente a normativa europea. 📜📜

En Aliente están unindo os territorios rurais, para evitar que acaben divididos, empobrecidos e sen xente. Defenden as enerxías renovables, pero nun modelo distribuído, xusto, sostible e adaptado ás necesidades enerxéticas reais en cada territorio. É a alternativa ó modelo actual centralizado, invasivo e especulativo, en mans de poucas e poderosas empresas, xunto a grupos de inversión internacionais, que só buscan manter o control do mercado e o máximo beneficio no menor prazo, sen considerar o dano ambiental nin os perxuizos para as persoas.

Documentos

Poñen a disposición de calquer persona ou colectivo interesado os siguientes escritos (en formato .doc) para denunciar este fraude ante as administracións:

  • Un dirixido ao “Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico”, pra que se avoque a competencia de aqueles proxectos que se están tramitando pola comunidade autónoma. Descargar instancia al MITECO
  • Outro dirixido a comunidade autónoma que tramita o proxecto, para que se inhiba na tramitación, por ser órgano manifiestamente incompetente, ao ser derivado de unha división realizada en fraude de lei. Descargar instancia a la comunidad autónoma

Este post foi redactado tomando como fonte https://aliente.org/stop-fragmentacion