PRECISAMOS DA TUA AXUDA, para frear o parque eólico As Penizas

0
193

Precisamos da túa axuda para frear o parque eólico As Penizas que se ubica nos concellos de Forcarei e Cerdedo Cotobade.

👉Este parque, que suma 6 aeroxeradores de 200 metros, que afectarán o complexo e diverso hábitat das Eiras dos Mouros, onde se atopa a ra vermella, unha especie protexida. Unha liña de alta tensión proxéctase dende a parroquía de Castrelo en Forcarei ata O Paraño, pasando por Murada, Lerce, Acivedo, Fontela, Ventoxo, San Marcos, Pardesoa, Fixó, Lebozán,…

✊Cómpre paralo e ti podes axudar a conseguilo facendo unha achega á campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos. Doa! https://tipodesparalos.helpbysc.com/aspenizas

Procuramos fondos para poder recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización do Parque Eólico As Penizas en FORCAREI e CERDEDO – COTOBADE. Apoia esta campaña e defende a terra deste modelo enerxético inxusto e antiecolóxico. Lembra que a túa doazón pode desgravar en Facenda ata un 80%!